Emprendimiento sostenible 2.o.
“Emprendimiento sosteNible 2.0: Compartiendo Experiencias” é o título baixo o que, por segundo ano consecutivo, FADEMUR Galicia e Ence colaboran para visibilizar e poñer en valor o emprendemento feminino rural.
Demostrar a infinidade de posibilidades de desenvolvemento socioeconómico que ofrece o rural galego e animar ás mulleres a apostar por elas mesmas e polas súas ideas é o obxectivo detrás dun proxecto creado para visibilizar casos de éxito e convertelos en fonte de inspiración. Proxectos pequenos que permiten ás súas impulsoras crear postos de traballo á medida das súas necesidades co foco posto nos recursos de proximidade. Emprendementos que teñen sabido superar dificultades e crear oportunidades de desenvolvemento socioeconómico alén das cidades e dos núcleos urbanos máis grandes, e que demostran que vivir e traballar no rural é posible.