Empoderamento da Muller no Rural de Lugo
FADEMUR Galicia ven traballando dende hai anos a prol da mellora na participación social e política das mulleres, no apoio ao emprendemento e na visibilización da súa contribución á consecución dunhas sociedades rurais máis igualitarias, dinámicas e vivas; fai deste proxecto unha necesidade para reverter as desigualdades estruturais e fomentar o empoderamento das mulleres rurais.
O recoñecemento do seu traballo, a xeración de oportunidades laborais e a mellora do acceso aos recursos e ás axudas públicas son pasos imprescindibles para garantir un rural máis igualitario, sostible e con futuro.
As mulleres do rural en zonas pouco poboadas teñen necesidades diversas e dificultades de acceso a recursos. Propoñemos a través deste programa un paquete integral de servizos próximos ao territorio:
- Asistencia xurídica profesional: información e acompañamento en violencia de xénero, pensións, prestacións e subsidios, accidentes e reclamacións administrativas, incluíndo apoio na presentación de recursos e demandas.
- Emprego e emprendemento: orientación laboral e creación de negocios preto do domicilio, impulso da titularidade compartida en explotacións agrarias e apoio á diversificación económica. Acompañamento específico para mulleres emprendedoras do sector primario.
- Formación e capacitación: acceso a aprendizaxes básicas (lectoescritura, comprensión, matemáticas), competencias dixitais e ampla oferta de formación en liña, con actividades produtivas e creativas para mellorar a autonomía e a integración comunitaria.
- Redes de socialización: creación de espazos e accións para favorecer a participación, o intercambio de experiencias e o apoio mutuo, incluídas redes entre emprendedoras para comercialización e colaboración, mellorando benestar, calidade de vida e dinamismo das economías locais.