DICECO 2022

O PLAN CORRESPONSABLES

O Proxecto DICECO enmárcase dentro do Plan Corresponsables; nova política pública iniciada en 2020-2021 financiada con cargo ao Presupostos Xerais do Estado do Ministerio de Igualdade e orientada a garantir os coidados e facilitar a conciliación nas familias con fillas ou fillos de ata 16 anos (inclusive).

QUE VAN FACER AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS?

Ao abeiro deste Programa Corresponsables, as CCAA asumen os seguintes obxectivos e tarefas:

– Posta en marcha de bolsas de coidado profesional a domicilio ou en espazos públicos habilitados en efecto.
– Creación de emprego de calidade no sector dos coidados.
– Habilitación de mecanismos de acreditación da experiencia do coidado non formal no sector.

E que é DICECO?

A finalidade deste proxecto é dignificar e certificar a experiencia no coidado non formal de menores de 16 anos.  Para elo, Fademur-Galicia encargarase de formar a todas aquelas mulleres interesadas para que consigan acreditar as competencias adquiridas a través da súa experiencia en materia de coidados.

Igual que fixemos o ano pasado, ao longo dos vindeiros meses desenvolveremos actividades formativas que permitirán ás participantes converter a súa experiencia persoal nunha oportunidade laboral mediante a obtención dunha acreditación oficial.

Este proxecto está financiado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, con fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (Ministerio de Igualdade); e a participación no mesmo e nas actividades que o integren é completamente gratuíta para todas as persoas interesadas.

Mantente ao día a través das nosas Newsletters

                           

Descarga os materiais informativos e contribúe a divulgar o programa DICECO!

INSCRÍBETE nas accións formativas!

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio