Diceco 2026

Plan Corresponsables Ao abeiro do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade), a través do Plan Corresponsables, FADEMUR Galicia traballa para facilitar o acceso das mulleres rurais á acreditación profesional no sector dos coidados, abrindo así novas oportunidades de emprego e recoñecendo a experiencia que moitas delas xa acumularon ao longo dos anos.

Que é DICECO?

DICECO, significa a dignificación e certificación da experiencia profesional do coidado non formal.

Un dos eixos centrais do programa é a formación para a obtención da cualificación profesional en atención a persoas non dependentes, ofrecendo un itinerario flexible e adaptado ás necesidades de conciliación das mulleres do rural. A formación combina módulos presenciais, en áreas como primeiros auxilios, igualdade ou pedagoxía do xogo, con contidos en liña que permiten a cada participante organizar o seu tempo de dedicación sen renunciar ás súas responsabilidades cotiás.

O programa desenvolverá unha intensa campaña de difusión e comunicación, para garantir que a información chega a todas as mulleres interesadas, así como ás entidades e organismos do territorio, empregando múltiples canles e formatos ao longo de todo o ano.

O Plan Corresponsables constitúese como unha iniciativa que vai máis alá da formación: é unha aposta decidida polo recoñecemento do traballo de coidados, pola profesionalización do sector e pola autonomía económica das mulleres rurais. FADEMUR Galicia, con décadas de experiencia traballando no medio rural galego, pon ao servizo deste programa o seu coñecemento do territorio e a confianza das mulleres que forman parte da súa rede de 87 asociacións

En breve terás máis contido sobre este proxecto