Diceco 2025

Plan Corresponsables

Ao abeiro do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e FADEMUR-Galicia, desenvolvemos actuacións para promover a posta en marcha de procesos de avaliación e formación para o recoñecemento da experiencia laboral que permita o acceso ás bolsas de coidado profesional a menores de 16 anos

XA ESTAMOS NA CUARTA EDICION DO PROGRAMA DICECO!

Na súa cuarta edición, o proxecto DICECO segue a rexistrar unha alta demanda de formación, o que amosa o interese e a necesidade existente neste ámbito. Para dar resposta a este crecemento, nesta ocasión ampliamos a oferta incorporando non só cursos en liña, senón tamén formacións presenciais, seminarios web e cápsulas informativas a través das redes sociais, co obxectivo de chegar a un maior número de participantes e adaptarnos a diferentes formatos de aprendizaxe.

Ademais de fortalecer a capacitación e mellorar as oportunidades laborais das mulleres, DICECO busca contribuír á calidade do coidado infantil e xuvenil. O proxecto enmárcase no Plan Corresponsables, unha política pública da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, que promove a corresponsabilidade social e aborda os retos asociados ao coidado de menores. A súa finalidade é avanzar na consideración do coidado como un dereito en España, desde unha perspectiva de igualdade entre mulleres e homes.

Que é DICECO?

O proxecto DICECO ten como finalidade dignificar e certificar a experiencia no coidado non formal de menores de 16 anos. A través de FADEMUR-Galicia, o proxecto ofrece formación específica para todas aquelas mulleres interesadas en acreditar as competencias adquiridas ao longo da súa experiencia en coidados, facilitando o acceso a oportunidades laborais no sector.

Ao igual que no ano anterio, durante os vindeiros meses desenvolveranse actividades formativas que permitirán ás participantes converter a súa experiencia personal nunha oportunidade laboral, obtendo a acreditación oficial que certifica a súa experiencia.

Este proxecto está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través dos fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (Ministerio de Igualdade), e a participación nas actividades é totalmente gratuíta para todas as persoas interesadas.

Formación, charlas, seminarios

Actividades que realizamos ao longo do ano de xeito presencial e tamén en liña sobre:

  • Educación en igualdade-coeducación
  • Coidado integral a menores
  • Reparto e planificación dos tempos de traballo
  • Primeiros auxilios en menores.
  • Alimentación de menores.
  • Coidados e aseo persoal de menores/xogos
  • Fases evolutivas dos menores (de 0 a 16 anos)
  • Educación en igualdade (familiar, entre iguais nos espazos de socialización, na escola…).
  • Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Aquí tes os manuais da nosa formación

Aquí podes descargar as Newsletters do Plan Local e do Plan Social enviadas

DICECO LOCAL 2025

Tes experiencia persoal no coidado de menores? Fórmate co programa DICECO e convértea nunha saída laboral. Mantente ao día de todas as novidades a través da nosa newsletter

DICECO SOCIAL 2025

Tes experiencia persoal no coidado de menores? Fórmate co programa DICECO e convértea nunha saída laboral. Mantente ao día de todas as novidades a través da nosa newsletter