DiCECO 2024

Neste ano 2024 FADEMUR Galicia pon en marcha a terceira edición do proxecto DICECO (Dignificación e Certificación dos Coidados). Nesta nova etapa decidimos centrar os nosos esforzos no fortalecemento das competencias profesionais a través da formación. O noso obxectivo principal é capacitar ás mulleres maiores de 45 anos, unha franxa de idade que, historicamente, tivo un papel esencial nas tarefas de coidado, contribuíndo así ao recoñecemento e dignificación destas tarefas.

ARRINCA A TERCEIRA EDICION DO PROGRAMA DICECO!

Tras a abrumadora demanda de participación acadada nas anteriores edicións do proxecto, comprácenos anunciar que nesta ocasión realizaremos seis edicións de cada un dos cursos co fin de dar cabida a un maior número de participantes. Ademais de aumentar a capacitación e as oportunidades laborais das mulleres, DICECO pretende contribuír á mellora da calidade do coidado infantil e xuvenil. O proxecto enmárcase dentro do Plan Corresponsables, unha política pública da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. Nesta iniciativa búscase fomentar a corresponsabilidade na sociedade e abordar os desafíos relacionados co coidado de menores. Ten como propósito iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes.  

O proxecto DICECO

Que van facer as comunidades autónomas?

Ao abeiro deste Plan Corresponsables, as CCAA asumirán os seguintes obxectivos e tarefas:

  • Poñer en marcha bolsas de coidados profesional a domicilio ou en espazos públicos habilitados.
  • Crear emprego de calidade no sector dos coidados.
  • Habilitar mecanismos de acreditación da experiencia no coidado non formal.

Que é DICECO?

O proxecto DICECO ten como finalidade dignificar e certificar a experiencia no coidado non formal de menores de 16 anos. A través de FADEMUR-Galicia, o proxecto ofrece formación específica para todas aquelas mulleres interesadas en acreditar as competencias adquiridas ao longo da súa experiencia en coidados, facilitando o acceso a oportunidades laborais no sector.

Ao igual que no ano anterio, durante os vindeiros meses desenvolveranse actividades formativas que permitirán ás participantes converter a súa experiencia personal nunha oportunidade laboral, obtendo a acreditación oficial que certifica a súa experiencia.

Este proxecto está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través dos fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (Ministerio de Igualdade), e a participación nas actividades é totalmente gratuíta para todas as persoas interesadas.

Tamén podes descargar as Newsletters enviadas

DICECO LOCAL 2024

Tes experiencia persoal no coidado de menores? Fórmate co programa DICECO e convértea nunha saída laboral. Mantente ao día de todas as novidades a través da nosa newsletter

DICECO SOCIAL 2024

Tes experiencia persoal no coidado de menores? Fórmate co programa DICECO e convértea nunha saída laboral. Mantente ao día de todas as novidades a través da nosa newsletter