DICECO 2022
O PLAN CORRESPONSABLES
O Proxecto DICECO enmárcase dentro do Plan Corresponsables; nova política pública iniciada en 2020-2021 financiada con cargo ao Presupostos Xerais do Estado do Ministerio de Igualdade e orientada a garantir os coidados e facilitar a conciliación nas familias con fillas ou fillos de ata 16 anos (inclusive).
QUE VAN FACER AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS?
Ao abeiro deste Programa Corresponsables, as CCAA asumen os seguintes obxectivos e tarefas:
- Posta en marcha de bolsas de coidado profesional a domicilio ou en espazos públicos habilitados en efecto.
- Creación de emprego de calidade no sector dos coidados.
- Habilitación de mecanismos de acreditación da experiencia do coidado non formal no sector.
E que é DICECO?
A finalidade deste proxecto é dignificar e certificar a experiencia no coidado non formal de menores de 16 anos. Para elo, Fademur-Galicia encargarase de formar a todas aquelas mulleres interesadas para que consigan acreditar as competencias adquiridas a través da súa experiencia en materia de coidados.
Igual que fixemos o ano pasado, ao longo dos vindeiros meses desenvolveremos actividades formativas que permitirán ás participantes converter a súa experiencia persoal nunha oportunidade laboral mediante a obtención dunha acreditación oficial.
Este proxecto está financiado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, con fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (Ministerio de Igualdade); e a participación no mesmo e nas actividades que o integren é completamente gratuíta para todas as persoas interesadas.
Tamén podes descargar as Newsletters enviadas
DICECO LOCAL 2022
DICECO SOCIAL 2022
Tes experiencia persoal no coidado de menores de 16 anos? Fórmate co programa DICECO e convértea nunha saída laboral. Mantente ao día de todas as novidades a través da nosa newsletter