Os nosos CURSOS

Cursos

Cursos para fortalecer habilidades e impulsar o talento.

Videos

Vídeos que inspiran, informan e conectan ás mulleres.

Intervencións

Charlas para compartir experiencias, aprender e fortalecer.

Cursos dispoñibles

Autonomía de menores non dependentes


Este curso de 150 horas, aborda o coidado integral de menores non dependentes, traballando as necesidades básicas de alimentación, hixiene, vestido e autocuidado desde un enfoque de benestar físico, emocional e social. Inclúe técnicas de observación para o acompañamento nos desprazamentos, o apoio nas tarefas escolares e a elaboración de plans de actividades que promovan novas competencias. Complétase co acompañamento nos tempos de lecer e xogo, dotando ao alumnado dos recursos necesarios para desenvolver esta función de forma responsable e enriquecedora.

Animación no tempo libre e noutros ámbitos educativos

Este curso de 120 horas, forma en dinamización do tempo libre e educación non formal, traballando técnicas de animación socioeducativa, expresión artística e creatividade como ferramentas de intervención. Inclúe a categorización de xogos segundo os seus obxectivos pedagóxicos, o aproveitamento do medio natural e as actividades ao aire libre como recursos educativos, así como o deseño de programas que fomenten hábitos de vida saudable. Complétase coa definición de condicións de seguridade e os protocolos de actuación ante incidencias e situacións de emerxencia.

Intervir en caso de accidente ou situación de merxencia

Este curso de 60 horas, forma en primeiros auxilios e atención inicial a persoas accidentadas, abordando o recoñecemento de signos de alteración orgánica e a actuación como primeiro interviniente. Trabállanse as técnicas de soporte ventilatorio e circulatorio básico, a atención sen parada cardiorrespiratoria e as técnicas de mobilización e inmobilización para o traslado. Complétase coas habilidades de comunicación e apoio emocional ás persoas accidentadas, familiares e demais presentes no entorno da emerxencia.

Intervencións e conferencias

Dende FADEMUR Galicia impartimos e participamos en charlas e conferencias sobre os temas que afecta ao noso rural e ás mulleres que o habitamos.

Comisión de Igualdade Senado

04 de novembro de 2025.- Comparecencia de Rosa Arcos Caamaño, Secretaria Xeral e Directora de Proxectos, na Comisión de Igualdade do Senado.

Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina Xornada.

1 e 30 de xuño de 2021 Feminismo e territorio rural en Galicia Rosa Arcos Caamaño, Santiago de Compostela. Experta en mulleres rurais

Tempo de Psicoloxía 2020 Mesa redonda: «Tecnoloxías que rachan coas fendas sociais», interveñen:

Mª José Fares Varela, psicóloga experta en envellecemento; Patricia Gómez Salgado, psicóloga en Feafes Ourense; Rosa Arcos Caamaño, presidenta de Fademur; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia  

Videos

A continuación podes ver os nosos últimos videos na nosa canle de Youtube 

Fademur Playlist
1/14 videos
1
Uns Pican Outros Non
Uns Pican Outros Non
2
Liño de Galicia
Liño de Galicia
3
Nela Biosense - Nela Gourmet
Nela Biosense - Nela Gourmet
4
Silvia Seoana - Gandeira
Silvia Seoana - Gandeira
5
Innova Senior
Innova Senior
6
Alfarería Lista
Alfarería Lista
7
Arte en Palla
Arte en Palla
8
Nela Biosense- Nela Gourmet
Nela Biosense- Nela Gourmet
9
Mónica Brei, mazás ecolóxicas
Mónica Brei, mazás ecolóxicas
10
Esther Ferreiro
Esther Ferreiro
11
Innova Senior
Innova Senior
12
Palilleiras de Vimianzo - As Nemanquiñas
Palilleiras de Vimianzo - As Nemanquiñas
13
Chema Camariñas - Maquetista
Chema Camariñas - Maquetista
14
AXPADEX
AXPADEX

ABRINDO PORTAS

Descrubre “ABRINDO PORTAS”, unha actividade lúdica e educativa pensada especialmente para as nenas e nenos que participan nos espazos de educación non formal.

Animación no tempo libre e noutros ámbitos educativos

Queres anotarte nos nosos cursos ou facer algun comentario ou suxerencia. Escribenenos aqui

INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS Responsable: FADEMUR GALICIA Finalidad: Atender su solicitud de contacto. Legitimización: Al remitirnos su consulta consideramos que estamos legitimados para tratar sus datos. Destinatarios: No hay cesiones de datos. Derechos: Puede oponerse al tratamiento de sus datos y ejercitar el resto de derechos consultando la información adicional. Información adicional: Para más información, consulte nuestra Política de Privacidad