para web

Cambia o conto

A través do programa CAMBIA O CONTO, FADEMUR Galicia traballa para impulsar un cambio cultural e práctico nas familias, e nas áreas rurais cara amodelos de masculinidades igualitarias e unha corresponsabilidade real nos coidados e nas tarefas domésticas-familiares.

O obxectivo é incrementar a implicación dos homes no reparto das tarefas e na planificación dos coidados, incluída a carga mental, para elo a ferramenta fundamental será a formación -presencial e en liña- estruturada e accións prácticas. Búscamos mellorar a xestión dos tempos familiares a través das rutinas, da planificación semanal e da corresponsabilidade por áreas.

Ao mesmo tempo, preténdese sensibilizar a poboación rural sobre o valor dos coidados e da corresponsabilidade, desde unha perspectiva de xénero e cun enfoque centrado no benestar familiar e nos dereitos da infancia. 

Os contidos e accións deste programa están encamiñados a dotar as familias de recursos reutilizables, como fichas, guías e bibliografía infantil e xuvenil para traballar a igualdade no fogar, e facilitar ferramentas dixitais de aprendizaxe lúdica e participación, entre elas un xogo trivial interactivo.