Axenda Feminista Galega: 4º Ola

O lugar elexido para esta vez é no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o día 8 de febreiro do 2020 no que se desenrrolará o seguinte programa:

10:00 Saúdos e benvida as participantes

MESA REDONDA 1 Coordina: Foro Maruxa Mallo

10:15 “A mirada feminista necesaria tamén na diversidade funcional e a saúde”. Relatora: Marisol Bravos López (Mestre e opinadora-escritora. Facedora asociativa e loitadora Auxilia-Lugo).

11:00 “A saúde das mulleres”. Relatora: María Jesus Movilla Fernández (Diplomada Universitaría Enfermería. UDC 1996, Licenciada en Antropoloxía social e cultural. UCAM 2001, Doutora en Ciencias Sociosanitarias. UDC 2009).

11:45 – 12:15 Debate moderado por Manuela Vilaboy Romero (Pedagoga e orientadora familiar).

MESA REDONDA 2 Coordina: Rede Galega pola Igualdade

12:45 “Prostitución, camiñando cara a súa abolición”. Relatora: Paula Fraga Arias. Licenciada en Dereito, xurista e opositora á xudicatura. Columnista, escritora e activista.

13:45 – 14:30 Debate

14:30 Xantar

16:00 “A axenda feminista galega: A 4a Onda”

TRABALLO EN PLENARIO. Coordina: Foro Maruxa Mallo e FADEMUR.

As organizacións convocantes de esta xornada, queremos apostar por construir unha Axenda Feminista Galega, coa que podamos sentirnos representadas e na que podamos ir introducindo debates, asuntos e propostas. Partimos das achegas realizadas nas anteriores sesións de traballo.

Para elo temos un documento de partida ao que pode facer achegas, que será obxeto de debate e que se reformulará para o traballo final, que servirá para o posicionamento e reivindicacións feministas galegas ás formacións que concurran ás próximas eleccións.

Publicacións creadas 123

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio