ASOCIADAS - SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN PARA ENTIDADES
Asociadas un programa de sensibilización e formación dirixido ás asociacións de mulleres rurais da provincia da Coruña federadas en FADEMUR Galicia, para promover a participación activa das mulleres no tecido asociativo e fortalecer o funcionamento das entidades e favorecer a incorporación de novas participantes nestes espazos.
A iniciativa combina este ano o empoderamento feminino, ecofeminismo e envellecemento activo, empregando a memoria colectiva, a cultura galega e dinámicas de estimulación cognitiva como ferramentas para combater a soidade non desexada, fortalecer vínculos e mellorar o benestar emocional das participantes.
O programa inclúe accións formativas, informativas e de acompañamento, tanto individuais como grupais, orientadas a atender as necesidades específicas das mulleres rurais, impulsar o seu liderado, favorecer a igualdade e garantir a súa presenza en espazos de decisión e acceso a recursos fundamentais para o desenvolvemento das entidades.
Financiado pola Deputación Provincial da Coruña a través do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento en políticas de xénero no ano 2025 (FOIO0A/2025)