Así somos

As asociacións, as mulleres que formamos parte de FADEMUR Galicia, estamos decididas a acabar coa dependencia e a discriminación, no ámbito do emprego, do acceso ós servizos públicos, e no tocante á participación social e institucional das mulleres que vivimos no rural.

Dende a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia traballamos para que desapareza a triple discriminación que vivimos as mulleres do rural, a que estamos expostas por exercer maioritariamente unha actividade como a agro-gandeira suxeita a grandes incertidumes, nun entorno altamente masculinizado e nun medio con pouco apoio social e institucional para as mulleres.

As mulleres que participamos en FADEMUR Galicia, somos coñecedoras de primeira man dos grandes retos do noso rural: loitar contra o despoboamento e o abandono, procurar o relevo xeracional e invertir a tendencia ó avellentamento, e promover un desenvolvemento rural sostible social, económica e medioambientalmente. E afirmamos que todo isto non se pode conseguir sin nós.

Por elo, loitamos contra as situacións de desigualdade, contra a violencia de xénero e tratamos de contribuír á mellora da formación e da capacitación das nosas socias, sen esquecer que reclamamos e reivindicamos para as mullleres rurais un recoñecemento ó noso traballo como elemento vertebrador indispensable para un medio rural vivo.

 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio