As mulleres do rural doan ao Concello de Lugo 445 quilos de carne para persoas vulnerables

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais veñen de entregar á área de Cohesión Social 445 quilos de tenreira galega, no marco da iniciativa “#Alimentos_Solidarios” para colaborar co Concello de Lugo na xestión da crise sanitaria. A doazón era recibida, esta mañá, polas edís Olga López Racamonde e Ana González Abelleira que agradecían o xesto destas entidades “nun momento no que boa parte da veciñanza atravesa por dificultades económicas debido á perda de emprego polo peche de moitos negocios”.

En total, a administración local recibiu 220 kg de xarrete e outros 225 de entrecosto, que pasarán a repartirse ben nas cestas de alimentos coas que Servizos Sociais axuda ás familias máis vulnerables, a razón dunhas 30 por semana, ben ás mulleres – e ás súas crianzas – usuarias da Casa da Muller e dos pisos de acollida para vítimas de violencia de xénero e que, actualmente, se sitúan tamén ao redor da trintena. “Queremos subliñar a importancia desta colaboración – indicaron as concelleiras – polo dobre obxecto que acada xa que pasa tanto por aportar un ben básico, como é a comida – de gran calidade e valor nutricional – a quen máis o necesita como por apoiar aos produtores locais aos que lles foi adquirida”, destacou Ana González Abelleira. Unha circunstancia á que tamén apuntaron dende Rede Eléctrica e FADEMUR que atribuíron á súa participación na iniciativa co obxectivo de mitigar o impacto que a pandemia do coronavirus está a provocar en moitas localidades de todo o territorio.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio