Fademur en colaboración co Progreso realizaron onte no CEI Nodus en Lugo unhas xornadas coas nosas usuarias de Fademur.
A mesa de presentación do acto composta por:
- Pablo Rivera, deputado da Deputación de Lugo da área de Promoción económica e social.
- Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia
- Javier Rivera, de redactor de El Progreso

Presentouse unha lanzadeira de emprendemento.
Despois o diálogo de emprendedoras no que todas as emprendedoras falaron acerca dos problemas cos que se atopan e os éxitos que tiveron este ano. As emprendedoras máis novas compartiron as inquietudes de comezar o emprendemento e pediron consello as máis veteranas.

Logo dividironse en grupos as máis veteranas e as máis novas para facer talleres coas nosas técnicas.




