Apeiros para a visibilización e socialización coas mulleres vítimas de trata e explotación sexual nos entornos rurais

Con este programa, financiado pola Consellería de Política Social, buscamos mellorar a integración social e comunitaria. sensibilizar no ámbito rural, en particular ás mulleres das asociacións sobre a realidade da trata e da explotación sexual, dotándoas de ferrametas e habilidades para poder ser axentes integradores. Proporcionar espazos de interacción e socialización entre as mulleres en situación de trata e vítimas e violencia sexual e as entidades sociais presentes no territorio rural. Favorecer a bisivilización e polo tanto traballar na loita contra todo tipo de violencia sobre as mulleres.

A presenza de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, non é allea ao rural galego. Fora dos entorno urbanos tamén existen locais, casas, onde as mulleres son vítimas de explotación sexual, en lugares que están illados e afastados o que dificulta o acceso a calquera tipo de apoio institucional ou social.

As mulleres vítimas de trata, están polo tanto soas e a merced dos seus explotadores, na maior parte dos casos viven en total illamento, invisibilizadas, o que dificulta a súa saída do circuíto de explotación e violencia, e o acceso a recursos. A falta de redes de de apoio, as poucas saídas posibles e o illamento social agravan a súa situación.

Este proxecto, ten como obxectivo actuar sobre estas dúas premisas, a través de campañas de formación e sensibilizacion; elaborando materiais e ferramentas  para as nosas asociacións; e desenvolvendo guías e protocolos de actuación que poñemos a disposición da rede de asoacións de mulleres rurais. 

Formación, materiais e protocolos

Dirixida as Asociacións de Mulleres Rurais que forman parte da rede de FADEMUR Galicia
Preme na imaxe para descargar as fichas