Aliadas Sororas
No marco do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR) desenvolvemeos neste ano 2025 o programa ALIADAS SORORAS.
Este programa ten como obxectivo principal o fortalecemento da loita contra a violencia de xénero no rural galego, promovendo a sensibilización, a concienciación e a formación das mulleres, tecendo redes de apoio para acompañar ás mulleres vítimas de violencia de xénero
A través de encontros directos, ben nas asociacións ou ben a nivel provincial, traballamos para darlles a coñecer as ferramentas dispoñibles na loita contra a violencia de xénero, contando ademáis coa participación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e da representación da administración nos distintos niveis. O obxectivo é achegar os recursos ao rural, mellorando o seu acceso e coñecemento e creando e fortalecendo as redes de apoio.
Outos dos ámbitos de traballo desta convocatoria, será a actualización da enquisa de percepción da violencia de xénero no rural. FADEMUR Galicia foi a primeira entidade en todo o territorio do Estado en realizar unha enquisa específica, foi no ano 2017, e este ano pretendemos achegar novos resultados que nos permitan avaliar unha mellor comprensión da realidade actual, avaliar os avances, e orientar as nosas actuacións para os vindieros anos.
Todo o traballo, vai sempre a compañado dunha campaña de concienciación para contribuír a dous aspectos clave: a visibilización da violencia de xénero no rural, e a protección e acompañamento permanente e individualizado das mulleres que a sofren.
Para elo contamos cun amplo programa de formación e sensibilización e tamén, con persoal cualificado para poder facer o asesoramento e acompañamento das vítimas de violencia de xénero no rural.
O programa ALIADAS SORORAS constitúese como unha iniciativa sólida e continuada no tempo, baseada na experiencia e apredizaxe acomuladas ao longo destes anos de traballo. A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia leva décadas traballando pola igualdade e a erradicación da violencia de xénero, consolidando unha rede de apoio que se fortalece ano tras ano.