Algareira by Silvina Muñoz faise cunha das bolsas Ruraltivity

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Silvina Muñoz, emprendedora afincada en Camariñas impulsora da marca de doces artesanais Algareira, é unha das premiadas nesta edición de Ruraltivity. A artesá ven de recibir unha das bolsas de apoio ao emprendemento impulsadas por Fademur e Pepsico; un galardón dotado con 5.000 euros que lle permitirá seguir impulsando o seu negocio e proxectándoo cara ao futuro.

Silvina Muñoz recolleu esta mañá en Madrid o seu premio. Un galardón que, tal e como ela mesma anunciou no acto celebrado no salón de actos do Edificio Caixabank, empregará para poñer en marcha o seu novo local.

Algareira é unha marca especializada na elaboración de doces para persoas con intolerancias alimentarias que conxunga ingredientes tradicionais da costa de Camariñas, como algas, con sabores e receitas importadas da Arxentina natal da súa impulsora.

A Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales (FADEMUR), co apoio da Fundación Pepsico, impulsa un total de dez proxectos de negocio de mulleres rurais mediante outras tantas bolsas dotadas con 5.000 euros cada unha. Ademais, as emprendedoras seleccionadas tamén recibirán formación e asesoramento para a creación e consolidación dos seus negocios; un apoio que lles permitirá afianzar as súas competencias emprendedoras.

 

Publicacións creadas 105

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio