Agricultoras e gandeiras galegas aprenden da experiencia do campo francés, austríaco e italiano

 

 

Tres galegas participan na viaxe de dez días organizada por FADEMUR no marco do Plan Allen Rural

Santiago, 23 de maio de 2024- Tres profesionais do campo galego despegaron este martes rumbo a Viena para participar na viaxe de dez días organizada por FADEMUR no marco do Plan Allen Rural. Trátase dunha iniciativa formativa e de intercambio de experiencias na que participan un total de 40 mulleres do conxunto do estado que, ata o vindeiro día 31, percorrerán explotacións de Austria, Italia e Francia para tomar ideas e incorporar novos enfoques, ideas e puntos de vista que aplicar ao día a día das súas explotacións.

Este mércores comezou a viaxe organizada por FADEMUR no marco do Plan Allen Rural co obxectivo de cohesionar o movemento de mulleres rurais europeo, estender a rede de espazos seguros contra a violencia machista nos pobos e coñecer exemplos de boas prácticas replicables polas emprendedora que participanno Plan Allen Rural.

Ademais de numerosas visitas a explotacións e negocios agroalimentarios repartidos polas xeografías frances, austríaca e italiana, a comitiva de FADEMUR manterá xuntanzas con representantes de organizacións de mulleres rurais deses países: ARGE Rind en Austria, Donne Coldiretti en Italia e a Commision Nationale des Agricultrices (CNEA) en Francia.

A través de formación e asesoramento, e facendo especial fincapé na dixitalización, diversificación e transición ecolóxica, Plan Allen Rural xa ten impulsado a máis de 700 mulleres rurais. Porén, o obxectivo de FADEMUR pasa por estender este apoio ata as mil beneficiarias durante os dous anos de duración dun programa impulsado gracias ao apoio de IKEA que rematará en 2025.

Emprendedoras galegas na xira europea Plan Allen Rural

Teresa Molina Santiago, 37 anos, Granxa Roidiz, (Lugar Roidiz, Ribadeume, As Pontes)

Tras finalizar os seus estudos Teresa traballou en diversas axencias publicitarias, pero as experiencias non cumpriron coas súas expectativas. En 2017, insatisfeita coa súa situación laboral e botando de menos o rural, Teresa decidiu mudarse a As Pontes para asociarse coa súa parella e coa nai deste para fundar a sociedade Granxa Roidiz. A día de hoxe a súa explotación posúe 120 cabezas de gando das que 50-55 se dedican a produción de leite e se ordeñan aproximadamente 40 cabezas. Ademais contan con 20 vacas de carne dedicadas ao pastoreo rotacional e coas que impulsan prácticas de agricultura rexenerativa.

En 2022 deciden diversificar o seu negocio coa construción dun obrador para o procesado, envasado e venda directa de leite da súa explotación. Un proxecto que se completará nunha segunda fase coa elaboración de nata e manteiga.

 

Silvia Seoane Seoane, 35 anos, Lugar Beseño, Touro

Xestiona unha explotación gandeira dedicada á produción de leite. Unha granxa que, no futuro, quere complementar coa posta en marcha dun obrador que lle permita disfrutar da súa grande paixón: a respostería. Así, os plans a medio prazo de Silvia pasan por  crear esta liña de negocio elaborada a partir do leite a súa propia granxa.

 

Mónica Brey Baltar, agricultora, 45 anos, Lugar da Carballeira, A Estrada

Mónica dedícase á produción de mazás ecolóxicas para elaboración de sidra. Desde 2017, traballa por conta propia na súa explotación, na que desempeña todas as tarefas necesarias para o desenvolvemento da actividade.

Recientemente, ten impulsaro unha cooperativa formada por cinco socios  que, ademais de vender as mazás que producen a empresas transformadoras planea crear un obrador que lles permita realizar parte do proceso de transformación por si mesmos e poder así enviar o mosto ás industrias elaboradoras, reducindo os custos de loxística. No futuro aspiran a elaborar o seus propios produtos.

Mónica también exerce funcións como membro do Consello Regulador do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

 

 

Decálogo de propostas do feminismo rural

Durante esta xira europea enmarcada no Plan Allen Rural, FADEMUR presentará tamén o seu Decálogo de propostas de cara ás próximas eleccións ao Parlamento Europeo:

  1. Crear un foro que aborde a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no medio rural europeo. As mulleres rurais piden establecer un grupo de diálogo civil de Igualdade da CE enfocado no seu ámbito.
  2. Medir o impacto de xénero ee de ruralidad (alén da PAC) dos orzamentos da UE. Coñecer o impacto das accións da UE axudará a tomar mellores decisións que permitan reducir fendas no futuro.
  3. Elaborar bases de datos e redes de información. Que abarquen as cuestións económicas e sociais relacionadas coas mulleres rurais para abordar de xeito máis preciso a loita pola igualdade de oportunidades.
  4. Fortalecer ás mulleres rurais desde a PAC (Política Agraria Común):

– Priorizar os proxectos de mulleres rurais no segundo pilar da PAC (para o desenvolvemento rural). En España actualmente é optativo e son as Comunidades Autónomas as que deciden sobre isto.

– Seguir incrementado as axudas directas a mulleres produtoras do primeiro pilar da PAC. Desta forma, reducir a fenda que existe entre as explotacións agrarias de homes e de mulleres, posto que elas teñen menos explotacóns e as súas son máis pequenas, o que tamén provoca que sexan máis débiles nun contexto de crise económica.

  1. Fomentara dixitalización entre as mujeres rurais. A dixitalización pode ser unha oportunidade para reducir as fendas de xénero e ámbito. Por iso, pídese un esforzo de formación en dixitalización das mulleres rurais e mellorar o seu acceso, tanto no aspecto dea conectividad como no do prezo.
  2. Profesionalizar os traballos de coidados nos pobos e aldeas. Aproveitar o potencial dos traballos de coidados para atallar dous problemas estruturais do medio rural: o despoboamento e a falla de oportunidades laborais, especialmente sufrida polas mulleres. Deste xeito, crear emprego á vez que se garantiza o benestar da poboación maior e dependente no medio rural, deter a sangría demográfica que sufren as zonas rurais e mellorar o nivel xeral destas comunidades.
  3. Fortalecer a loita contra a violencia machista nos pobos. Tras o recente acordo entre o Parlamento e o Consello sobre a futura Directiva sobre a loita contra a violencia contra as mulleres, incluír a perspectiva rural para que a norma aborde a realidade nos pobos e protexa ás mulleres que os habitan:

– Recabar información estadística sobre esta cuestión nos territorios rurais.

– Formar a axentes comprometidos nesta loita no rural, entendendo que neste contesxto estas violencias contan con mecanismos particulares.

– Mellorar o acceso no rural aos recursos públicos de atención a vítimas.

  1. Facer efectivo o acceso á saúde con perspectiva de xénero no rural, facendo especial énfase en todas as cuestións relacionadas coa saúde sexual e reprodutiva.
  2. Incluír os territorios rurais como destinatarios de todas as manifestacións culturais. A cultura xera identidade e desenvolvemento. O acceso a actividades culturais (alén do audiovisual), que está en mans da autoxestión dos territorios, debe ser menos heroica e máis apoiada polas administracións.
  3. Fortalecer o apoio ás organizacións de mulleres rurais. Nun medio diverso e disperso como é o rural, as organizacións da sociedade civil xogan un papel fundamental para a diversificación e dinamización a todos os niveis. Por iso, facilitar o seu traballo suporá un impacto positivo directo nas súas comunidades.