30 mulleres rurais galegas inician a súa formación na escola itinerante do Plan Allen Rural
Santiago, 7 de xuño de 2024- A segunda promoción de pilotas de drons da escola itinerante Fademur Vuela ven de iniciar a súa formación. 30 mulleres rurais teñen sido seleccionadas para participar nesta nova edicion da formación que FADEMUR impulsa da man de Ikea no marco do Plan Allen Rural.
Logo do éxito e da enorme demanda que obvito a primeira convocatoria da formación para pilotaxe de drons de Fademur Vuela, celebrada o verán pasado, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais reedita uns cursos pensados para promocionar o autoemprego e introducir novas ferramentas e capitacións dixitais no día a día das explotacións gandeiras. E é que eses dous perfís: o de mulleres rurais desempregadas e o de traballadoras do sector produtor interesadas en aplicar as posibilidades que ofrecen os drons nas súas granxas; son, precisamente, os que se teñen priorizado á hora de realizar a selección de alumnado.
Ao longo dos dous vindeiros meses as participantes para obter, de balde, a titulación de pilotas a distancia de UAS/drones na categoría aberta, A1/A3, A2 e STS01 e STS02 certificada por AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Ademais, tamén acadarán a certificación de Fotogrametría, que brinda as técnicas precisas para elaborar mapas e planos de grandes extensións de terra por medio da fotografía aérea.
O curso de pilotaxe de drons consta de 80 horas de formación, na súa meirande parte online, con sesións prácticas e exames presenciais. Despois dunha primeira parte sobre pilotaxe, as alumnas poderán escoller unha especialización, tamén de balde: para aplicación de drons en agricultura de precisión ou para emprego de drons con fins audiovisuais.
Cursos de drons de ‘FADEMUR Vuela’ en ‘Plan Allen Rural’
A escola ‘FADEMUR Vuela’ traballa para formar unha promoción de mulleres rurais pilotas de dron. Concretamente, 500 mulleres rurais pilotas en dous anos no conxunto do estado. Desta forma, FADEMUR aproveita a dixitalización para acurtar a fenda entre homes e mulleres no rural e, á súa vez, adianta na sustentabilidade das producións rurais.
Para lanzar a súa escola de pilotas de dron, FADEMUR conta coa experiencia da academia Advanced Smart Robotics (ASR-Formación), da empresa Pirineos Drone, e mailo apoio de IKEA, compañía que financia esta e outras iniciativas no marco do programa ‘Plan Allen Rural’.
Con ‘Plan Allen Rural’, FADEMUR persegue un ambicioso obxectivo: mellorar a situación de máis de 1.000 mulleres de toda España no sector agroalimentario e o ámbito rural de Aragón, Cataluña, Extremadura, Castela e León, Castela-A Mancha, Galicia, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia e Andalucía.
Ademáis da formación en pilotaxe de dron, o ‘Plan Allen Rural’ de FADEMUR tamén axuda ás mulleres agricultoras e gandeiras na transición ecolóxica das súas explotacións, a mellorar a comercialización dos seus produtos e a complementar os seus proxectos con iniciativas de agroturismo, entre outras cuestións.
‘Plan Allen Rural’ en 2023
Durante 2023, o primeiro ano de execución de ‘Plan Allen Rural’, FADEMUR realizou máis de 1.500 horas de asesoramento a mulleres rurais emprendedoras e impartiu máis de 12.600 horas de formación ás participantes no programa, destacando a certificación de 250 mulleres como pilotas de drons a través da escola itinerante ‘FADEMUR Vuela’.
A organización lembra que participar en todas as actividades de ‘Plan Allen Rural’ é completamente de balde. Aquelas mulleres interesadas en acadar máis información e participar poden conseguila enviando un correo electrónico a info@fademur.es



