A carreira solidaria do 8-M de Pontevedra recauda 2.000 euros para Fademur

Cheque de 2000 euros para Fademur

Noticia do Diario de Pontevedra

Unhas 500 persoas participaron este domingo na carreira Pontevedra en Forma de Igualdade, que permitiu recadar máis de 2.000 euros en favor da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur).

A proba, que constaba de case cinco quilómetros e discorreu polo centro de Pontevedra, puxo o punto e final a tres días de deporte e igualdade na cidade no marco do Tour Universo Muller.

A entrega de premios estivo presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de deportes, Tino Fernández; a concelleira de promoción económica e turismo, Yoya Blanco; o deputado provincial Gorka Gómez; a patinadora olímpica Sara Hurtado; o tirador paralímpico Juan Saavedra, e o director do Tour Universo Muller, Ignacio Solana. No corte da cinta previo ao inicio da carreira tamén participou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

 

Publicacións creadas 105

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio