PROGRAMA PLURIRREXIONAL DE FORMACIÓN 2026
Plan de formación para mulleres do medio rural para favorecer a súa capacitación, a participación activa na economía rural, reducindo a fenda de xénero e reforzando a autonomía e capacidade de decisión.
A liña de formación dirixida ás mulleres rurais do Plan Plurirrexional de Formación ten como obxectivo impulsar o papel das mulleres como protagonistas do desenvolvemento rural, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades que melloren a súa autonomía, participación e capacidade para xerar novas oportunidades nos seus territorios.
As actuacións buscan reforzar a capacitación profesional e empresarial das mulleres rurais, fomentar o emprendemento e a diversificación económica, aumentar a súa presenza nos espazos de decisión e liderado, reducir a fenda dixital mediante o acceso ás novas tecnoloxías e contribuír ao relevo xeracional, á fixación de poboación e ao fortalecemento do tecido social e económico do medio rural.
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Cursos gratuítos, financiados na súa totalidade polo MAPA (Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación)
Queres anotarte nos nosos cursos ou facer algun comentario ou suxerencia. Escríbenos aqui