Fademur-Galicia promove a participación activa das mulleres rurais na vida pública da man da Secretaría Xeral de Igualdade

O empoderamento e a participación activa das #mulleresrurais en todos os eidos da vida pública é un obxectivo irrenunciable; fundamental para poñer as problemáticas que nos afectan no primeiro plano. Por iso desde Fademur-Galicia colaboramos coas “Actuacións de información e de formación para o apoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural”; vinculadas aos Programas de Interese Xeral para Fins de Carácter Social dirixidos á promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero impulsados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con carto á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

O obxectivo? Dar voz ás mulleres do rural galego e conseguir que realizan achegas e que falen dos problemas que detectan no seu día a día. Unha información fundamental para crear novas ferramentas e dar forma a espazos igualitarios que fagan posible que a voz das mulleres se escoite alta e clara en todos os eidos da vida social, cultural, económica ou política.

Publicacións creadas 88

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio