Loitando contra a violencia de xénero

Enquisa “As Mulleres Rurais ante a violencia de xénero”

FADEMUR Galicia, dentro das actividades colaborativas que leva a cabo coas entidades federadas, traballou na realización dunha enquisa sobre a percepción que temos as mulleres do rural en canto á violencia de xénero no noso entorno.

Esta enquisa, que foi ralizada principalmente a través de medios telemáticos, pero que tamén contou con recollida de datos a través de entrevistas, foi respostada por máis de 1900 mulleres de toda Galicia.

Os resultados foron presentados en rolda de prensa, e remitidos a tódolos grupos políticos e á Secretaria Xeral de Igualdade. A nosa pretensión é que tomen en consideración a nosa opinión de cara ao establecementos de accións políticas neste eido.


A Violencia Invisibilizada. (Video presentación)


Comparecencia na Comisión Non Permanente de Igualdade do Parlamento de Galicia.

Proxecto Redes Rurais contra a violencia de xénero (Díptico)


Novas 

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio